miércoles, 19 de junio de 2013

E para o verán...

Un pouco de diversión e un pouco de repaso para volver en setembro "coas pilas recargadas"
Nesta imaxe tes un enlace ás actividades preparadas pola Xunta de Castela e León. Hai de todo, bótalle unha ollada.
Pero se prefires traballar en papel, podes descargar algún caderno neste outro enlace:

sábado, 4 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

O vindeiro 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas que este ano se dedica a Roberto Vidal Bolaño.
Se o queres coñecer mellor, atoparás actividades LIM nestas dúas imaxes. Preme nelas e adiante!


sábado, 6 de abril de 2013

Temos invitad@s na escola

Dende hai unhas semanas temos uns invitados moi pequerrechos na escola. Levamos tempo observándoos e facendo amizade con eles. O mestre di que van converterse en bolboretas. Ti que cres?

VERMES DA SEDA

Xa levas un tempo observándoos, como comen, como medran, .... e agora vas aprender aínda un pouco máis investigando .

Descárgao AQUÏ  e despois  premendo onde pon SAVE

domingo, 3 de febrero de 2013

O ENTROIDOOO!!!

Antes de que cheguen os días nos que nos divirtamos con esta festa, imos aprender algo máis do que xa sabemos sobre a mesma.

A continuación amosamos dúas actividades LIM para traballar o Entroido: a primeira elaborada pola Concellería de Cultura do concello de Teo (A Coruña) e a segunda é obra de Belén Junquera.





domingo, 27 de enero de 2013

DÍA ESCOLAR POLA PAZ E NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro, coma todos os anos, celébrase esta xornada, facéndoa coincidir coa da morte do gran pacifista e loitador Mahatma Gandhi (1.869 - 1.948).
Por mor delo propóñense as seguintes actividades.
A primeira trátase dun conto de Belén Junquera que desenvolve a tolerancia, respecto e comprensión en galego.


 Na segunda, elaborada por Ana Martínez Rey, trabállase a Paz e os premios Nóbel.



E a derradeira trátase da audición da fermosa cantiga IRMAUS, interpretada por Fuxan os Ventos con letra do poema do mesmo nome de Celso Emilio Ferreiro, coa finalidade de aprendela.

domingo, 20 de enero de 2013

FUNCIÓNS DOS SERES VIVOS

Nesta imaxe podes ver cales son as funcións dos seres vivos. Preme nela e investiga: