domingo, 9 de diciembre de 2012

PREPARANDO O NADAL

Unha recompilación de recursos feita por Begoña Codesal no CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo. Preme na imaxe e atoparás de todo
 Do CEIP Victor Sáenz moitos recursos que nos falan do Apalpador

 E de Patricia Pena en Falando enténdese a xente

 

Deitado frente ao mar de Celso Emilio Ferreiro

O día 12 do 12 de 2012 ás 12 da mañá celebramos o Centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, e en todos os colexios galegos recitaremos un poema seu que se titula "Deitado frente ao mar". Queres aprendelo? Aquí tes unha versión moi especial

domingo, 2 de diciembre de 2012

Día da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia

Do 1 ao 11 de decembro conmemóranse  nos colexios os aniversarios da Constitución española e do Estatuto de Autonomía de Galicia.
Propoñémosche, nestas imaxes, varias actividades para que coñezas mellor ambas normas que rexen o Estado Español e a Comunidade Galega.


domingo, 4 de noviembre de 2012

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Xa queda pouco para o día do Magosto, que en Ourense celebramos o 11 de novembro. E, antes de que chegue, imos facer unha serie de actividades para que teñas máis coñecementos relacionadas con esta festa.
Para comezar preme na seguinte ilustración e faremos unhas preparadas polo CEIP de Ponzos.


 A continuación tes outras do CEIP de Palmeira, premendo na seguinte imaxe.


sábado, 27 de octubre de 2012

ESTAMOS NO SAMAÍN!!!

Festa de orixe celta, da que xa coñeces moitas cousas, pero aínda aprenderás máis, premendo AQUÍ.
Unha vez lida a información, xa podes participar no seguinte xogo.
 E tamén...nestoutro.
E ambientando a festa, agora compre un pouco de medo visionando o conto seguinte.

E rematamos con festa rachada, cantando a canción de Mamacabra.

domingo, 7 de octubre de 2012

A numeración

Practica estas actividades sobre a numeración.

Coñecemento do Medio: A nutrición

Premendo nas imaxes atoparás distintas actividades.
 




domingo, 23 de septiembre de 2012