O día 12 do 12 de 2012 ás 12 da mañá celebramos o Centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, e en todos os colexios galegos recitaremos un poema seu que se titula "Deitado frente ao mar". Queres aprendelo? Aquí tes unha versión moi especial
Do 1 ao 11 de decembro conmemóranse nos colexios os aniversarios da Constitución española e do Estatuto de Autonomía de Galicia.
Propoñémosche, nestas imaxes, varias actividades para que coñezas mellor ambas normas que rexen o Estado Español e a Comunidade Galega.