O 30 de xaneiro, coma todos os anos, celébrase esta xornada, facéndoa coincidir coa da morte do gran pacifista e loitador Mahatma Gandhi (1.869 - 1.948).
Por mor delo propóñense as seguintes actividades.
A primeira trátase dun conto de Belén Junquera que desenvolve a tolerancia, respecto e comprensión en galego.
Na segunda, elaborada por Ana Martínez Rey, trabállase a Paz e os premios Nóbel.
E a derradeira trátase da audición da fermosa cantiga IRMAUS, interpretada por Fuxan os Ventos con letra do poema do mesmo nome de Celso Emilio Ferreiro, coa finalidade de aprendela.
0 comentarios:
Publicar un comentario